Mobilidade sustentable
A cidade é un espazo público no que conflúen moitos tipos
de persoas e de servizos e onde non é doado que os desprazamentos se acomoden ás necesidades e harmónicamente co medio.
Preocupados por este tema da mobilidade sustentable deseñáronse diversas actividades para que o alumnado tome conciencia da importancia que ten o entorno e das dificultades que entraña.
Para introducirnos ao problema dos desprazamentos urbanos Uxía Pintos Arís, imparteunos unha charla ao aveiro Comenius e comezou por definir o modelo de cidade que se busca.
Esta é a presentación da conferencia.
E este o resume:
MOBILIDADE SUSTENTABLE
Segundo datos de 2006 do Ministerio de Fomento, o transporte é o sector da economía española con maior demanda enerxética, consumindo máis do 40% da enerxía primaria total en España. Ademais de ser o sector económico con maior consumo final enerxético, é o sector con maior consumo de derivados do petróleo (55,2% en 2004).
A causa desta realidade debemos buscala no actual modelo de mobilidade urbana, baseado na utilización do vehículo privado a motor, e no reparto modal do transporte de viaxeiros e mercadorías a nivel nacional, encabezado polo transporte por estrada (>80% do reparto modal) fronte a outros medios de transporte (ferrocarril, aéreo ou marítimo).
Durante a exposición analizouse o modelo de mobilidade urbana actual na cidade de Pontevedra así como a nivel global (España, Europa, EEUU), mencionando as causas, problemas e solucións a este modelo de mobilidade de cara a favorecer a sustentabilidade dos desprazamentos nas cidades.
Identificouse ao sector transporte como o principal emisario de gases invernantes e amosa o afastamento dos compromisos asinados por España no Protocolo de Kyoto 1992.
Finalmente, ilustráronse as estratexias de mobilidade e accesibilidade eficientes coas que conta a nosa cidade e animouse ao alumnado a utilizar o transporte público e os medios de transporte non contaminantes, como a bicicleta ou os desprazamentos a pé.
A profesora Lucía Enríquez, a partir desta charla traballou co alumnado unha enquisa con algúns dos puntos esenciais para a comprensión da conferencia. O resultado foi moi positivo. Pódese descargar o cuestionario sobre o tema e as respostas correctas.
No texto resumo atópanse a relación das actividades desenvolvidas para traballar o tema da mobilidade sustentable.
Preséntase a continuación unha cuña publicitaria de boas prácticas no transporte, proposta por SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Natural) encargada de xestionar o noso lixo.
E tamén un vídeo para o debate:






