Meteoescola e Climántica

No curso 2007 / 2008 iniciouse a toma de datos meteorolóxicos relativos a precipitacións e temperaturas dentro do programa Meteoescolas, dependente das consellerías de Medio Ambiente e Educación.

Recibimos unha estación metereolóxica escolar cun pluviómetro e unha caseta de instrumentos que leva dentro termómetros de máximas e mínimas e pode aloxar un higrómetro. As medidas diarias son recollidas por alumnado de 1º da ESO dos grupos A, B e C.

 

Abandonar as aulas, aínda que sexa por un intre, sempre cae ben.

Abandonar as aulas, aínda que sexa por un intre, sempre cae ben.

 

O profesor Xurxo Pombo, largando a gusto e sen cortarse un pelo.

O profesor Xurxo Pombo, largando a gusto e sen cortarse un pelo.

 

E iso que as cámaras están rexistrando o evento!

E iso que as cámaras están rexistrando o evento!

 

Previamente traballáronse na clase estes textos tirados da rede e da prensa diaria para conmemorar o Día Metereolóxico Mundial no día 23 de Marzo.

Es esta é a noticia da TVG no You Tube:

http://www.youtube.com/watch?p=AJDVkYXitqI

 

E xa que estamos inmersos no Proxecto Climántica

proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

buscamos información e cubrimos a ficha con os Exercicios de Climántica correspondentes aos fenómenos metereolóxicos.

 

climantica