Francés e Medio
Na materia de Francés II, coa profesora Lucía Enrríquez, traballouse o tema que motiva este ano o Proxecto Comenius con diversas actividades dirixidas ao alumado dos grupos A e B de 1º Bacharelato.
Actividade I
Emitiuse un documental titulado “Pour quelques degrés de plus”, que trata de xeito contundente as consecuencias que o cambio climático vai ter sobre o planeta a curto prazo. Foi de grande relevancia xa que o alumnado se mostrou impactado polas imaxes e polos riscos inminentes dos malos hábitos en canto a contaminación, consumo irresponsable e malgasto de enerxía.
Logo de analizar o vocabulario pertinente procedemos a comentar o problema na clase, trasladandoo ás nosas vidas cotiás e aos hábitos domésticos, establecendo o que sería ideal de aportar cada quen para mellorar a situación.
Vídeo “Pour quelques degrés de plus”.
Actividade II
A continuación, estudamos textos extraídos de Internet sobre a reciclaxe e os diversos materiais e contenedores que nos podemos atopar, falando das estratexias posibles para conseguir unha mellor xestión do refugallo, dos materiais máis difíciles de reciclar (monitores de ordenador, neveiras, medicamentos, etc.).
Este é un dos textos traballados: Soluciones domésticas para reducir la emisión de CO2.
Actividade III
Logo proxectouse un documental “L’île aux fleurs”, coñecido por criticar o ensino tradicional e por abordar dun xeito directo os hábitos consumistas, a mala xestión dos desperdicios, buscando só beneficios materiais e esquecendo coidar a natureza e xestionar mellor os recursos facer posible a desaparición da miseria.
Actividade IIII
Tamén se realizou un cuestionario proposto polos parceiros franceses, sobre os medios de transporte, o consumo na casa e determinadas cuestións relacionadas co malgasto de enerxía, onde o alumnado respondeu de xeito individual, a través da páxina web confeccionada para o caso, sobre cáles eran os seus hábitos cotiás de consumo.
Estas actividades foron realizadas ao longo de 5 sesións nas que a actitude do alumnado foi moi receptiva levando a unha fonda reflexión sobre a necesidade de cambiar hábitos en todos os ámbitos, co fin de evitar cambios irreparables que poñan en perigo a vida no Planeta.





