Medimos o efecto invernadoiro
Esta actividade foi realizada polo grupo A de 1º curso da ESO.
Dous equipos de cinco persoas montan, observan e rexistran as variacións de temperatura que se operan en dúas caixas de cartón con tapa de cristal. As caixas están forradas interiormente con dous materiais diferentes, cartolina negra e papel de aluminio.
O resultado anotouse no caderno da materia e tamén se confeccionou un póster para expoñer os resultados.






