As árbores como sumidoiros de CO2

Curso 2008 / 2009
1º ESO A; 3º ESO A, B e C

A fotosíntese permite que as plantas dispoñan de azucre, e tamén de outras biomoléculas, para as súas funcións vitais; crecemento, reparación de estruturas e coma fonte enerxía.

Con auga, dióxido de carbono e luz solar fabrican azucre e como subproduto osíxeno que se desprende.
O carbono inorgánico da atmosfera pasa así aos organismos vivos. En estes e nos seus restos estará un tempo.

Finalmente volverá á atmosfera por causa das oxidacións biolóxicas que levan a cabo os descompoñedores.
Os bosques vellos, como moitos de Canadá, xa non retiran CO2 da atmosfera. Se on restos fosen enterrados podería facerse máis ricos en carbono ao transformárse en carbón ou petróleo.

É por isto que os bosques e o plancto mariño son considerados como sumidoiros de CO2.

As cunchas calcarias de organismos mariños son un xeito máis efectivo de retirar CO2 da atmosfera para formar rocha calcarea. E por máis tempo.

Tamén se ensaia inxectar directamente CO2 licuado nos sedimentos mariños das costas de Noruega e de Suecia, como modo de retiralo da atmosfera.

Identificación das Árbores do Parque do Instituto IES Xunqueira I

Escolares de 1º A identifican a flora arbórea dos arredores do instituto usando a revista Xuncos nº 23.

Alumnos de 1ºA

Alumnos de 1ºA

Recollen e describen follas confeccionando un sinxelo herbario. Confeccionan un póster con algunhas das mostras recollidas e relacionan e describen o papel das plantas no ciclo do carbono.

Herbario

Herbario

Visita ao xardín da Praza de Compostela en Vigo e ao Parque do Castelo de Soutomaior

O alumnado de 3º visita a cidade de Vigo. Recoñece os exemplares dos xardíns da Praza de Compostela e repara na evolución dos vexetais na vista dos fósiles vivintes como Casuarina, Ginkgo, Magnolia.

Despois de visitar as salinas romanas, no resto da mañá e no parque que rodea ao Castelo de Soutomaior, estúdase a tipoloxía da paisaxe coa vista nos xardín paisaxístico e xeométrico, nos cultivos de viña, pomar, horta e arboreto, na fraga e no souto como tamén no eucaliptal e no pinal.

Repárase nos exemplares incluídos nas Arbores Monumentais de Galicia, Cryptomeria, Sequoia, Calocedrus, xerminado e desenvolvido sobre dun castiñeiro, e Chamaecyparis. Tamén os fentos arborescentes de Cyathea, semellantes aos que no período carbonífero da era primaria orixinaron os depósitos de hulla.

Analízase a importancia dos bosques como fornecedores de materias primas, conformadores da paisaxe, como tamén da súa contribución para o amortecemento do efecto invernadoiro.

Os platános de paseo que observan os profes Sheila e Reboredo rodean unha glorieta.

Os platános de paseo que observan os profes Sheila e Reboredo rodean unha glorieta.

O xardín xeométrico trazado con regra e compás.

O xardín xeométrico trazado con regra e compás.

Na dereita, unhas criaturas colegueando no souto de Soutomaior.

Na dereita, unhas criaturas colegueando no souto de Soutomaior.

O que queda dun vello castiñeiro, unha escultura de necromasa.

O que queda dun vello castiñeiro, unha escultura de necromasa.

O pomar está situado no lado norte do castelo.

O pomar está situado no lado norte do castelo.

Aquí diante da maior secuoia do país galego.

Aquí diante da maior secuoia do país galego.

Estas espabiladas, in sensu stricto, debaixo dos fieitos arborescentes do xénero <em>Cyathea</em>.

Estas espabiladas, sensu stricto, debaixo dos fieitos arborescentes do xénero Cyathea.

A foto do grupo diante do Chamaecyparis de múltiples brazos.

A foto do grupo diante do Chamaecyparis de múltiples brazos.

Outra visita a Soutomaior: http://www.soutomaior.com/castelo/xardin_gal.html.