A Mansión dos Pampín
Estas actividade está pensada para as materias de Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Educación Plástica e visual e Lingua Galega.
Pretenden concienciar de que o noso xeito de vivir afecta a outras persoas xa que a xente ten que observar a nosa casa, soportar os ruídos que emitimos, percibir os cheiros que xeramos.
Non é pouca a cantidade de obxectos superfluos que engadimos á nosa existencia e ás nosas vivendas.
Construír con calidade, non esta en desacordo coa construción barata, racional, respectuosa con o territorio onde ha de integrarse a vivenda, usando materiais da zona e tendo presente as vivendas dos devanceiros, que coñecían o medio e desenvolvían as súas actividades de acordo con el.
A alta calidade da paisaxe de Galicia, pode soportar xeitos incribles de feísmo nas vivendas e o elevado impacto ambiental de moitas obras públicas. Pero non está ben.
É preciso vivir de acordo coas nosas posibilidades y de modo soportable.
Un cómic a prol dun urbanismo soportable
“O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia encarga ao recoñecido debuxante Miguelanxo Prado un tebeo sobre as desfeitas urbanísticas no país para a súa difusión nos institutos. A Mansión dos Pampín basease nas experiencias dun urbanita que no dilema de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, construtores sen escrúpulos e alcaldes corruptos. A definición das personaxes é maxistral, incluído o que podería ser o aparellador municipal, que en dúas viñetas trata de poñer un pouco de sentidiño nesta orxía de avaricia. O que é unha mágoa é que non saia o arquitecto que firma os proxectos do construtor – haiche moito feísmo con firma -, ou xa postos, o propio Colexio de Arquitectos, que podería xustificar o que lle cobra ao cliente incluíndo no visado unha cláusula vinculante de idoneidade urbanística, confirmando que o proxecto cumpre a normativa vixente”.
Título orixinal: A mansión dos Pampín
Autor: Miguelanxo Prado
Publicación: 2005, Norma Editorial
Número de páxinas: 48
Argumento
Miguelanxo Prado dedica este traballo a un público adolescente.
O señor Indalecio Pampín e a súa familia prométenllas moi felices. A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e dun río.
Pero cando el, a súa amantísima esposa e os seus dous fillos adolescentes chegan á mansión… descobren que o que pensaban que era un soño converteuse na peor dos seus pesadelos. Empeza así unha das aventuras máis divertidas do cómic español dos últimos anos…
Este libro sobre as desfeitas urbanísticas no país, foi encargado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a Miguelanxo Prado para a súa difusión nos institutos.
Fai clic na portada do cómic para acceder á Mansión dos Pampín.
A ficha para a clase
Estas son algunhas suxestións en forma de ficha, que elaboramos os profesores Laureano Aragunde e Fermín Martínez para reflexionar sobre o cómic.
Aquí queda a versión en pdf.








