A flor máis grande do mundo e máis curtos

A flor máis grande do mundo é o único conto para nenos que escribiu o escritor portugués José Saramago, finado recentemente. Neste conto, que contén unha mensaxe ecolóxica, o propio Saramago quéixase de non saber escribir historias para nenos, iniciando o relato cunha presenza activa do autor que, con inusitada humildade, descúlpase pola súa ignorancia.

O texto invita ao lector a que conte outra vez a historia coas súas propias palabras, e iso é exactamente o que o curto pretende facer. E quere máis: contala con imaxes en movemento dirixida a un público universal.

Foi nomeada como mellor curtametraxe de animación nos Premios Goya 2008.

Ista é a reseña do curto na Axencia Audiovisual Galega.

Para visionala podemos ir ao YouTube ou mellor neste enlace de Flocos TV.

Outros curtos de animación pódense ver no blog ANIMACIONES de Patricia Gómez Palacios.

Despois da lectura do relato ou do visionado do curto, anímase ao alumnado a contar a historia doutro xeito mantendo a mensaxe principal. Tamén se lles invita a deseñar o seu propio xardín ou recuncho verde sen esquecer que a auga é fonte de vida.