A cidade ideal
O alumnado de 1º ESO A traballou en grupos e durante as sesións adicadas ao Proxecto Interdisciplinar e á Titoría, diferentes actividades sobre a súa concepción da Cidade Ideal.
Esta actividade persegue a toma de conciencia das cualidades que debe ter unha cidade para que sexa sustentable, habitable para as distintas sensibilidades e necesidades da cidadanía sen ter que renunciar aos espazos verdes, ás zonas protexidas, á peonalización, o carril bici, etc.
Os traballos realizados foron unha mostra moi diversa das súas expectativas cara ao que esperan ver e disfrutar na cidade.
Conxugando creatividade e funcionalidade, sen dúbida, cremos que a visión das xeracións mais novas aporta moito a este proxecto, xa que son capaces de ver mais claro os espazos de lecer que lles corresponderían e de construír con fantasía pero respetando unhas normas mínimas comúns.









